Vía da prata

A Deputación propón para esta Semana Santa descubrir o patrimonio cultural da provincia

A institución provincial formula unha proposta turística, do 26 ao 30 de marzo, para realizar este itinerario xacobeo en 5 etapas desde Ourense a Compostela.

Óscar Gómez

Ourense |

A Deputación propón para esta Semana Santa descubrir o patrimonio cultural da provincia | onda cero

A Deputación de Ourense propón para esta Semana Santa, do 26 ao 30 de marzo, descubrir o patrimonio cultural e natural da provincia a través do itinerario xacobeo “Vía da Prata-Camiño Mozárabe”. Esta proposta facilitará aos peregrinos a realización desta ruta por etapas e permitirá acreditar a “Compostela”.

O programa, impulsado a través do Inorde, inclúe un servizo de autobús que partirá desde Ourense cada día para ir ao punto de inicio da etapa e retornará ao remate da xornada, con tramos de uns 20 quilómetros.

Durante o traxecto, os peregrinos contarán cun guía especializado e unha parada a media etapa do autobús de apoio. O día da chegada a Santiago de Compostela disporán de tempo libre para visitar a Catedral ou o casco histórico, así como a Oficina do Peregrino. Ademais, prestarase asistencia para contar co “selo” diario da “Compostela” que acredita a peregrinación.

A primeira etapa, que comezará o 26 de marzo, levará aos peregrinos de Ourense a Cea (21kms), desprazándose despois ata o mosteiro de Oseira para visitar este monumento, un dos grandes referentes patrimoniais do Camiño. A segunda etapa irá de Cea a Piñor, pasando por Castro Dozón ata Puxallos (22 kms). Ao seguinte día o tránsito será de Puxallos a Silleda (22kms); a cuarta etapa levaraos de Silleda a Vedra ou a Susana (23km/30km); e o 30 de marzo culminarase a peregrinación cun tramo de 10 quilómetros desde Susana ata Santiago.

Os interesados poderán inscribirse de xeito individual ou por grupos en www.concecegalicia.es e para obter máis información poden contactar a través do e-mail info@conocegalicia.es ou do teléfono 988 253 359. O custe da inscrición é de 49 euros, tratándose dunha tarifa bonificada pola aportación do Inorde, organismo provincial encargado da promoción turística, xa que se trata dunha acción que pretende contribuír á divulgación deste itinerario xacobeo nun período no que gran parte da poboación local ou visitantes goza de tempo libre.