Ourense Provincia

A Deputación de Ourense mellorará a accesibilidade a area recreativa de Cachamuiña

A primeira das actuacións a realizar é a construción dunha nova pasarela peatonal que vai permitir habilitar un novo tramo de sendeiro.

Óscar Gómez

Ourense |

A Deputación de Ourense mellorará a accesibilidade a area recreativa de Cachamuiña | onda cero

A Deputación de Ourense investirá máis de medio millón de euros (560.394€) na mellora da accesibilidade e dos servizos da área recreativa de Cachamuíña, no Concello de O Pereiro de Aguiar. A institución provincial, como entidade responsable da xestión deste espazo verde, levará a cabo a construción duns baños públicos (247.741 euros), un parque canino (47.653 euros), e a renovación da pasarela (265.000 euros), para continuar a dar maior valor a este espazo de natureza, ocio e deporte na área metropolitana de Ourense.

A primeira das actuacións a realizar é a construción dunha nova pasarela peatonal que vai permitir habilitar un novo tramo de sendeiro que mellore a accesibilidade e elimine as barreiras arquitectónicas que actualmente existen na ruta circular do encoro de Cachamuíña.

A Deputación de Ourense mellorará a accesibilidade a area recreativa de Cachamuiña | onda cero

Con esta obra, cumprirase cos parámetros técnicos necesarios para garantir unhas condicións de accesibilidade, comodidade e seguridade óptimas para os usuarios que transiten pola ruta do encoro de Cachamuíña. Así mesmo, mellorará o aspecto estético do lugar coa construción dunha nova pasarela que permitirá diminuír os actuais custes de mantemento.