A Deputación de Ourense vén de adquirir unha nova máquina tipo motoniveladora para poñela a disposición das áreas con competencias en materia de labores de mantemento e conservación de viais provincias e espazos verdes, así como para a cooperación cos concellos da provincia mediante a cesión de maquinaria con operador.
A máquina, que supuxo un investimento de 313.390 euros, súmase así á flota da que dispón a institución provincial no seu parque de maquinaria cun total de 6 máquinas tipo motoniveladora. Esta nova adquisición permitirá, tal e como dixo o presidente provincial, Luis Menor, “reforzar o traballo de cooperación cos concellos para o mantemento dos camiños rurais e o acondicionamento e limpeza de franxas que redunden nunha maior protección e defensa contra incendios forestais”.
Neste senso, cabe destacar que no que vai de ano o parque de maquinaria atendeu 131 solicitudes en materia de cooperación mediante cesión de maquinaria con operador. Con esta nova adquisició, a institución provincial poderá ofrecer unha atención máis áxil e eficaz ás peticións que os concellos da provincia realizan de leste tipo de maquinaria.
Trátase dunha máquina autopropulsada, que entre outros elementos de traballo que pode axustar, dispón dunha coitela central que é a que se encarga de cortar ou raspar o chan para conseguir a nivelación que se busca no mesmo.