Turismo

A Deputación organiza unha viaxe de familiarización para promover o turismo corporativo

O obxectivo desta visita foi coñecer a oferta diferenciada da provincia e avaliar diversos espazos singulares adecuados para a programación dos seus eventos empresariais, e tamén os recursos naturais, enogastronómicos, patrimoniais ou termais que contribúen a xerar valor engadido a estas reunións.

Óscar Gómez

Ourense |

A Deputación organiza unha viaxe de familiarización para promover o turismo corporativo | onda cero

No marco da colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense, a través do Inorde, desenvolveuse nesta semana unha viaxe de familiarización o que participaron unha decena de profesionais do segmento corporativo.

Esta actuación foi coorganizada coa Asociación de Secretariado Profesional de Madrid, da que forman parte especialistas procedentes de grandes empresas de ata 6.000 empregados encargadas de organizar as reunións ou eventos empresariais de corporacións tales como Nokia, Telefónica, Securitas Direct, Sener Group, Técnicas Reunidas, MedVida Partners ou Actren, entre outras.

O obxectivo desta visita foi coñecer a oferta diferenciada da provincia e avaliar diversos espazos singulares adecuados para a programación dos seus eventos empresariais, e tamén os recursos naturais, enogastronómicos, patrimoniais ou termais que contribúen a xerar valor engadido a estas reunións.

Esta iniciativa enmárcase na estratexia para atraer Turismo MICE (Reunións, Incentivos, Conferencias e Exposicións), aproveitado a alta velocidade ferroviaria que conecta Madrid con Ourense en dúas horas e quince minutos e contou coa colaboración de RENFE, promovendo así a descarbonización de destinos.