A Deputación colaborará co Concello de San Cristovo de Cea
Manuel Baltar comprometeu o apoio ás novas iniciativas de cooperación propostas polo rexedor: o arranxo de vías municipais e o afirmado do camiño do cemiterio.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, para estudar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións. Manuel Baltar avanzou a José Luis Valladares a “máxima implicación do goberno provincial con San Cristovo de Cea” para seguir reforzando as liñas de colaboración abertas entre ambas entidades e “seguir mellorando os servizos públicos”.
Nesta reunión, o presidente do goberno provincial garantiu o respaldo a dous novos proxectos presentados polo rexedor que xiran arredor da mellora das infraestruturas viarias: o arranxo de vías municipais en todo o concello e o afirmado do camiño do cemiterio.
Manuel Baltar incide na importancia da cooperación institucional para “avanzar na execución de proxectos necesarios para o benestar cotiá dos veciños”. Como administración “máis próxima ao territorio e dende o noso rol de ‘gran consultor dos concellos”, remarca o titular do goberno provincial, “activamos toda a nosa capacidade económica, técnica e xurídica para desenrolar novas iniciativas que permitan seguir construíndo provincia”.
Pola súa banda, José Luis Valladares agradece á Deputación e ao seu presidente “a alianza con San Cristovo de Cea, referendada a través da completa receptividade ás nosas propostas e o compromiso diario cos concellos do rural”.