Deporte

A Deputación colabora coa décima edición do Rallye Ourense - Ribeira Sacra

A proba disputase este fin de semana cun percorrido polos concellos de Ourense, Pereiro de Aguiar, Maceda e Nogueira de Ramuín.

Óscar Gómez

Ourense | 16.09.2022 09:25

A Deputación colabora coa décima edición do Rallye Ourense - Ribeira Sacra | onda cero

A Deputación colabora coa celebración este fin de semana da décima edición do Rallye Ourense - Ribeira Sacra - II Memorial Roberto Soto, “unha proba completamente consolidada no calendario deportivo e que afonda nos especiais vencellos existentes entre Ourense e o deporte do motor”, segundo resaltou esta mañá en Ourense na presentación do rally o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández.

A décima edición do Rallye Ourense - Ribeira Sacra - II Memorial Roberto Soto, puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallies 2022, percorrerá os concellos de Ourense, Pereiro de Aguiar, Maceda e Nogueira de Ramuín. Mañá, venres 16 de setembro, celebrarase o tramo de Castro de Beiro e o sábado, os tramos Maceda - Baldrei, A Tapada - Luíntra, Castro - Lobaces, e Melias - Luíntra.

En total serán nove treitos cronometrados por estradas asfaltadas e pechadas ao tráfico. Entre as dúas etapas e cinco seccións suman un total de 316,70 quilómetros, dos que 89,80 quilómetros son cronometrados. O parque pechado e o parque de traballo estarán situados en Luíntra, así como a dirección de carreira, instalada no edificio multiusos. A organización da proba agarda unha participación máxima de 160 equipos.