Coronado recibe o Premio OUFF Televisión 2021 pola súa dilatada traxectoria no eido audiovisual
Jose Coronado: “Agradezo que me consideren merecedor deste premio. Amo a televisión por encima de calquera plataforma”
“En recoñecemento á súa extensa carreira profesional que inclúe preto de 40 películas, máis dunha ducia de obras de teatro e series para televisión nas que interpretou papeis memorables”. Así chega a Ourense Jose Coronado como último premio OUFF Televisión 2021.
Avalado por unha ampla traxectoria, a 26 edición do Ourense Film Festival (OUFF) recoñece o traballo realizado polo actor madrileño para a pequena pantalla pero tamén no eido cinematográfico e cultural. Nun encontro cos medios, previo á entrega do premio, Jose Coronado estivo acompañado de Arantxa Écija, directora de Programas de Ficción de Mediaset España, e de Miguel Anxo Fernández, director do festival.
Miguel Anxo Fernández comenzou a intervención agradecendo a presenza dos convidados e, sobre todo, a Mediaset España “por seguir colaborando co festival e traernos hoxe hasta aquí a estrea de Entrevías. É un privilexio teros aquí”. Arantxa Écija recordou que “xa estivemos aquí con Desaparecidos. La serie e estamos encantados de volver. Esperamos que a serie guste xa que é a primeira vez que se vai a ver”. Sobre o premiado, destacou que “Coronado xa leva con Mediaset moitos anos, antes cando se chamaban teleseries e agora que xa son series de ficción e non podemos estar máis contentos”.
O homenaxeado co Premio OUFF Television 2021 comezou “agradecendo que me consideren merecedor deste premio. Amo a televisión por encima de calquera plataforma. Cando empezaba dicíanme que era un medio menor, que fixera cine e teatro e eu cría que estaban equivocados. Seguín as miñas conviccións e agora gáñome a vida dignamente e teño o cariño da xente por entrar cada noite na súa casa”.
Sobre a serie Entrevías comentou que “é un formato novidoso. Pode ser moi interesante descubrir este barrio multicultural, multirracial e multisexual, no que afrontei un gran reto: o meu primeiro avó. Cando me chegaron os guións eu pensaba en poñerme bastón e pelo máis branco pero dinme conta de que eu podería ser un avó tranquilamente, teño un fillo de 30 anos. Así que aquí reivindico o posto de avó do século XXI”. Falando desta nova ficción, que Écija confirmou que “esperamos poder estreala en 2022”, dixo que “vai enganchar a todo o que a vexa. Ten amor, acción, mundo oscuro… eu vin os tres primeiros capítulos e estou desexando seguir vendo máis”.
Preguntado pola covid, Coronado afirmou que “eu non deixei de traballar pola pandemia en ningún momento” e sobre o futuro dixo que “aprendín a namorarme do que teño entre mans, non de futuros proxectos” ó tempo que aseguraba ser un “namorado deste oficio e, especialmente, do traballo co equipo”.
O Premio OUFF Televisión, que vai pola súa terceira edición (foi entregado a Cristina Castaño e La que se avecina), “quere destacar o ánimo que a ficción televisiva está a tomar nos últimos anos, co engadido de incorporar recursos e estrutura narrativas tomadas do cinema, ademais da propia dinamización do sector. Talento, creatividade e industria están a camiñar da man co obxectivo común de producir imaxes de calidade, das que o premiado, Jose Coronado, é un garante de prestixio”. Así o recoñece a organización do festival de cine na acta do Premio OUFF Televisión 2021.