TURISMO

Constituída a Mesa de Calidade Turística no xeodestino 'Trevinca-ValdeorraS'

Nesta primeira etapa, xa se adheriron ao destino “Trevinca-Valdeorras” ata 10 servizos turísticos.

Óscar Gómez

Ourense |

Constituída a Mesa de Calidade Turística no xeodestino 'Trevinca-ValdeorraS' | onda cero

A Mesa de Calidade Turística no xeodestino “Trevinca-Valdeorras” está integrada polas seguintes entidades: a Axencia de Turismo de Galicia -representada polo responsable da área de Calidade-, a Asociación Empresarial de Valdeorras (tamén en representación da CEO) -presente a través da súa xerente-, a Universidade de Vigo -representada polo vicerreitor do Campus de Ourense-, o Grupo de Desenvolvemento Rural de Valdeorras -representado pola vicepresidenta da entidade-, a Ruta do Viño -representada pola vicepresidenta da entidade-, a Asociación de Hostelería e Turismo Trevinca -representada polo seu presidente-, o Clúster de Turismo de Galicia, e a Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia. Actuando como secretaria a xestora do SICTED do Destino.

Nesta primeira etapa, xa se adheriron ao destino “Trevinca-Valdeorras” ata 10 servizos turísticos, que xa completaron tanto a formación como a avaliación. Unha vez analizadas estas propostas pola Mesa de Calidade, serán elevadas ao Comité de Distinción Nacional, que se celebrará o vindeiro mes de xuño.

Estes servizos turísticos son: Bodega Roandi de O Barco de Valdeorras, Castelo do Bolo, os aloxamentos rurais de A Veiga “Eido das Estrelas” , “Eido do Trisquel” e “O Trisquel”, o Hotel Pazo do Castro, e o restaurante do mesmo nome, no Barco e o Hotel Pena Trevinca de Carballeda de Valdeorras, o aloxamento rural de A Rúa “Pacio do Sil”, e a empresa de turismo activo “Terras altas de Trevinca”.