PRAZA DE ABASTOS OURENSE

O Conselleiro de Comercio plantexa a creación dunha "comisión supramunicipal"

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración aproveitou a visita á campaña "quere o teu mercado" para amosar o apoio económico para o traslado dos praceiros ourensáns ao mercado histórico

Jesús Álvarez

Ourense |

O Conselleiro de Comercio plantexa a creación dunha "comisión supramunicipal" | xunta de galicia

O Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González ofreceu a "colaboración máxima" da Xunta de Galicia no proceso de reforma da Praza de Abastos número 1 de Ourense para "a adecuación ás necesidades dos praceiros" garantindo o traslado dende o mercado provisional ate o edificio histórico que cumple cen anos neste ano 2024.

José González incidíu en que “se trata dunha proxecto fundamental para o futuro de Ourense” e apostou pola creación dunha “mesa supramunicipal" na que estén presentes, Xunta, Praceiros e Concello de Ourense para "buscar mediante o diálogo as mellores solución para a reapertura”.

O Conselleiro de Comercio plantexa a creación dunha 'comisión supramunicipal' | Xunta de Galicia

O conselleiro fixo estas declaracións durante a visita realizada á praza de Abastos de Ourense na campaña “Quere o teu mercado” na que tamén destacou a "aposta do goberno galego por potwnciar as prazas en condición óptimas e de accesibilidade" ademáis de impulsar o “Selo de mercado excelente” para atender aos “retos de modernización e innovación sen perder a sua autenticidade e tradición, a sua proximidade e trato personalizado”