O Concello proxecta remodelar unha vintena de parques infantís da cidade
O alcalde Pérez Jácome asinou o contrato dunha actuación “que vai dar un punto de calidade extra a estas instalacións”
O Concello de Ourense remodelará unha vintena de zonas de xogos infantís coa execución dun proxecto orzamentado en máis de 1,1 millóns de euros. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou esta mañá o contrato administrativo que completa a adxudicación das obras de subministración e instalación de xogos infantís, os seus pavimentos de seguridade e mobiliario urbano auxiliar para a renovación, posta en valor e adaptación á normativa vixente destes parques de xogos infantís.
O alcalde Pérez Jácome manifestou esta mañá que “desde o Concello de Ourense adxudicamos definitivamente un contrato para facer unha renovación completa de 20 puntos de parques infantís, que realmente vai dar un punto de calidade extra a estas instalacións, que son moi necesarias, e ademais están en camiño outra vintena que xa vai saír a concurso nas próximas dúas semanas”.
O proxecto adxudicado xa márcase como obxectivo a posta en valor dos parques de xogos con 4 liñas principais de actuación: adaptar á normativa vixente os parques e os elementos que os elementos auxiliares que os conforman, paliar a excesiva antigüidade destes espazos, a escasa presencia de elementos inclusivos e aumentar a oferta lúdica para a rapazada. Este proxecto inclúe actuacións nos parques do Peco, Santo Cristo, Fátima, Francisco Añón Paz, Gregorio Fernández, Xoán de Nóvoa, Zapatillas, Camelias, San Rosendo, Laza, río Mao, Cruceiro Quebrado, Silvio Fernández, San Froilán, Valle Inclán, Rosais, Asunción, Praza da Marina e Bella Otero