Ourense Cidade

O Concello pon en marcha as ramplas mecánicas da rúa Concordia que estarán activas de 7 a 12 da noite

O alcalde asegura que os novos elementos “van ser un eixe que vertebrará Ourense como ningunha cidade de España”, o proxecto consta de 7 corredores de última xeración que salvan unha cota media do 7%, cunha distancia de 250 metros

Óscar Gómez

Ourense | 22.05.2023 07:47

O Concello pon en marcha as ramplas mecánicas da rúa Concordia que estarán activas de 7 a 12 da noite | La Voz de Galicia

O Concello de Ourense puxo en marcha as ramplas mecánicas da rúa da Concordia. Estarán en funcionamento cada día desde as 7 da mañá até as 12 da noite para facilitar a mobilidade peonil nesta rúa da cidade, salvando a pendente existente entre a rúa do Progreso e a Praza das Mercedes.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, explica que esta é “a primeira dunhas vinte actuacións que deberían vai acometerse en Ourense cidade, xa que vivimos nun val e é necesario salvar as diferencias de altura que temos entre unas zonas e outras.

O proxecto executado polo Concello na rúa da Concordia consta de 7 corredores de última xeración cunha distancia lonxitudinal de aproximadamente 250 metros, que salvan unha cota que ten unha porcentaxe media do 7%.

“Van ser un eixe que vertebre Ourense como ningunha cidade de España”, asegura Pérez Jácome, quen advirte que as ramplas de Concordia “posiblemente sexan as máis usadas de toda España. Non é doado atopar uns elevadores mecánicos que transporten tanta xente por minuto como van transportar estes”.

Gonzalo Jácome entende que con estes elementos mecánicos ”vai haber un antes e un despois para a mobilidade na cidade, sobre todo para a xente maior pero tamén para a mocidade”.