O Concello desenvolverá, nos meses de xullo e agosto, actividades de dinamización infantil: xogos populares, xogos de auga, xogos con esponxas de auga, obradoiros de globoflexia, obradoiros de pompas de xabón… Realizaranse de luns a venres en horario de 19.00 a 20.00 horas en función da afluencia de público e sempre que a climatoloxía o permita.
Probas de calidade da auga
Entre as 8.15 e as 9.00 horas, e entre as 16:00 e 16:30 horas, realizaranse revisións diarias do estado da instalación, cunha análise diaria dos parámetros de calidade da auga do circuíto segundo a normativa actual, así como rexistro de todos os datos no libro de autocontrol. Tamén se realizarán tarefas de limpeza de filtros e da zona de chorros.
No intervalo de maior afluencia de usuarios, haberá persoal destinado a levar o control do recinto e a asistencia aos usuarios. Tamén se realizará a asistencia e auxilio a posibles feridos seguindo o protocolo de seguridade. O persoal de asistencia será persoal cualificado con formación en animación sociodeportiva, monitores de lecer e tempo libre, e socorrismo.