O Concello de Ourense ofrece, a través das súas bibliotecas públicas municipais -A Ponte, San Francisco e A Carballeira-, un programa de animación á lectura nos meses de xullo e de agosto. Dirixido ao público infantil -entre 2 e 12 anos-, o programa está aberto a persoas de todas as idades. Todas as actividades son de balde e comezarán ás 11.00 horas.
Este programa forma parte do proxecto Ler conta moito, unha iniciativa da Xunta de Galicia para dinamizar a lectura a través de actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente. Desenvólvese nas bibliotecas públicas adheridas á Rede Galega de Bibliotecas Públicas.
Xullo 2023
Luns 17, 11.00 horas – BPM San Francisco
Xela, a superheroína de aldea. Inma Soto
Venres 21, 11.00 horas – BPM A Ponte
Cecilia e a súa boneca. A Run Run
Xoves 27, 11.00 horas – BPM A Ponte
A maxia dos contos. Mago Teto
Venres 28, 11:00 horas – BPM San Francisco
O mago Albert ten moito conto. Mago Albert
Agosto 2023
Mércores 9, 11:00 horas – BPM A Carballeira
Uxía e o garabato. Sabela Gago
Mércores 23, 11:00 horas – BPM A Carballeira
Antoloxía de despropósitos. A maga Fani.