O Concello inicia o transplante de árbores da rúa Concordia
Trátase de exemplares duns 10 anos de idade da variedade “Acer platanoides globosum”, que en xeral contaban con bo estado sanitario e desenvolvemento aceptable
O pasado 23 de abril daban comezo as obras de humanización e reforma da rúa Concordia, que inclúe a renovación completa dos pavimentos, beirarrúas e instalación de rampas.
Unha das labouras previas e imprescindible é a extracción dos árbores que alí estaban. Trátase de exemplares duns 10 anos de idade da variedade “Acer platanoides globosum”, que en xeral contaban con bo estado sanitario e desenvolvemento aceptable.
Dadas estas características, as árbores van ser transplantadas ás instalacións do viveiros municipal para o seu coidado, mantemento e posterior plantación nunha ubicación definitiva.
Estes traballos, a pesar de non ser a mellor época para realizalos, e co obxectivo de causar o menor dano posible a estes exemplares, vanse a executar en coordinación cos servizos técnicos do Concello, e a empresa adxudicataria.
Os traballos previstos son os seguintes:
· Preparación de gavias e sustrato para a súa ubicación temporal no viveiro municipal.
· Extracción de bordillos, formigón e beirarrúas circundantes.
· Saturación do bulbo do cepellón por inundación previa.
· Excavación perimetral do cepellón.
· Consolidación do cepellón con materiais de presión, mallas e similares.
· Protección do cuello da raíz e a base do tronco para o seu izado ao camión.
· Extracción do exemplar con camión pluma e traslado ao viveiro.
· Tratamento hormonal para estimulación de emisión de novas raíces no cepellón.
· Plantación con sustrato fertilizado.
· Podas de recuperación.
· Rego e asentado.
Estes traballos propostos terán lugar o antes posible con todos os exemplares, e pronostícase un éxito do 80% - 90% na operación, co que se disporá dunha serie de exemplares para a súa posterior plantación na ubicación máis adecuada da cidade.