Concello de ourense

O Concello estudia a viabilidade de instalar ramplas mecánicas na Rampa de Sás

Esta iniciativa ten como finalidade mellorar a mobilidade peonil nesta vía, caracterizada pola súa forte pendente de ascenso, que comunica o barrio con equipamentos educativos como o IES O Couto e localidades como Rabo de Galo.

Óscar Gómez

Ourense | 14.02.2022 09:22

O Concello estudia a viabilidade de instalar ramplas mecánicas na Rampa de Sás | onda cero

O Concello de Ourense estudiará a viabilidade de instalar ramplas mecánicas na Rampa de Sás, no barrio do Couto. Esta iniciativa ten como finalidade mellorar a mobilidade peonil nesta vía, caracterizada pola súa forte pendente de ascenso, que comunica o barrio con equipamentos educativos como o IES O Couto e localidades como Rabo de Galo, entre outras. Con esta finalidade, o Concello encargará a realizacion dun estudio de enxeñería que analice a viabilidade da instalación destes elementos.

Estas ramplas construiríanse na fase 2 do plan de mobilidade, cuxa fase 1 empeza por Concordia e a Cruz Alta. No caso da intervención da rúa da Concordia, están a piques de comezar as obras. No da Cruz Alta, o goberno municipal traballa coa previsión de licitar a obra no próximo mes de abril.

O goberno municipal desenvolve estas actuacións coa finalidade de fomentar a mobilidade na cidade, incorporando elementos que a melloren naquelas contornas urbanas nas que a diferencia de cota e, en consecuencia, as pendentes, dificultan e condicionan día tras día o tránsito peonil. “Queremos facilitar a mobilidade independentemente da cota, e facer un Ourense máis accesible, máis chan”, aseguran.

No caso da intervención que se valora na zona da Rampa de Sás, a incorporación de ramplas mecánicas ”supoñería unha mellora da calidade de vida tremenda para todos os cidadáns que residen na parte alta do barrio do Couto, tamén para os que viven en Rabo de Galo e outras localidades da contorna, como tamén para a comunidade educativa do Instituto do Couto: alumnado e profesorado que cada día acuden ao centro”