1º Maio

De cara os actos do 1º Maio Psoe e UXT colaborarán conxuntamente

Os secretarios xerais de ambas organizacións na cidade, Natalia González e Cristóbal Medeiros, trasladaron a súa vontade e total sintonía na importancia da loita polas melloras e defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras dende a base do diálogo social

Óscar Gómez

Ourense | 08.04.2022 10:30

De cara os actos do 1º Maio Psoe e UXT colaborarán conxuntamente | onda cero

A secretaria xeral da agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense, Natalia González, acompañada do secretario de organización, José Ramón Fernández Morgade e do responsable de emprego e relacións sindicais da CEM, José Ángel Carreira Martín, mantiveron unha xuntanza de traballo co secretario xeral da UXT en Ourense, Cristóbal Medeiros para avanzar na colaboración dos actos que se levarán a cabo o vindeiro de 1º de maio con motivo da conmemoración do dia do traballo.

Para a nova comisión executiva municipal dos socialistas na cidade é unha “prioridade o diálogo social” e máis aínda no momento que vivimos tanto a nivel local como no contexto nacional, e por este motivo, unha das premisas é estar en contacto cos axentes sindicais, comezando pola UXT, coa que se definiu xa a colaboración de cara á conmemoración do 1º de maio como tradicionalmente as dúas organizacións veñen a facer na cidade.

Entre os acordos acadados na reunión destaca participación no acto da secretaría provincial do PSdeG-PSOE de Ourense e das Xuventudes Socialistas.