Ourense Cidade

Bombeiros e policías locais están cobrando un 40% menos en nómina

Piden que Alcalde, edís e asesores renuncien ós seus salarios para que cobren bombeiros e policías.

Paco Sarria

Ourense |

Bombeiros e policías locais están cobrando un 40% menos en nómina | La Voz de Galicia

O sindicato Comisións Obreiras propón ó concello que, diante da falla de fondos para pagar completas as nóminas de bombeiros e policías locais, que Alcalde, edís e asesores de Democracia Ourensana no goberno da cidade, non cobren as suas próximas nóminas.

Plantexan esta posibilidade dada a incapacidade do goberno local para negociar o capítulo 1 dos orzamentos no que atinxe as remuneracións de personal.

Para o sindicato Jácome está a reírse dos funcionarios día a día, sendo incapaces de buscar solucións ó problema. Aventuran unha primaveira por este motivo e creen que a situación irá a peor.

Afean ó Alcalde e seu equipo que cuestione o traballo da teseoureira e do interventor e sinalan que eles tamén están no seu direito de criticar o de quenes gobernan o Concello de Ourense.