Deputados do BNG reclamana "unha xestión pública e directa" dos centros de menores de Ourense Monteledo e Montefiz, este último de internamento terapéutico. Tamen reclaman máis persoal e mellora das suas condicións laborais e lamentan a "falta de transparencia" na xestion que realizan as entidades sociais adxudicatarias que neste caso están a percibir 5 millóns anuais de diñeiro publico cun contrato a catro anos. O deputado nacionalista ourensán Iago Tabarés facia hoxe un relatorio das deficiencias nas instalacións nas que afirmou os menores pasan frio en inverno ou calor en verán, hai problemas cos baños e as duchas ou cas instalacións deportivas por falta de mantemento. O nacionalista denuncia ademáis as carencias de persoal de especialistas coma educadores ou psiquiatras e unhas condicións laborais tamén "insuficientes" para persoal con ate máis de dez anos de salarios conxelados. Rememorou Tabarés que xa en 2023 foron os propios menores os que se rebelaron contra a situación nos centros.
O deputado nacionalista ourensán non só criticaba a "pasividade" da Xunta sobre o que está acontecendo ca xestión dos centros de menores senon tamén de que se lles denegara tanto pola dirección de Política Social de Ourense coma no propio parlamento galego o "dereito" a que os parlamentarios do BNG visitasen unhas instalacións que son "públicas".
Mentres a tamén deputada nacionalista Ariadna Fernández cuestionaba que ten que agochar a Xunta cun "modelo privatizador" que está a aplicar tamén noutros ámbitos coma a educación ou a sanidade e lembraba que no caso da atención a persoas maiores ou menores "agrávase a situación" xerando nas familias unha "preocupación" polaas condicións "deficientes" nas que se atopan os centros nos que están internados.