O BNG pide que se axilicen as obras do Centro de Discapacidade de Ourense
Noa Presas denunciou a demora das obras e puxo en dúbida que a Xunta cumpra o seu compromiso para o inicio da actividade no ano 2024 despois de “reiteradas promesas faltas”.
Noa Presas urxiu á consellería de Política social a axilizar as obras do Centro para a atencións de persoas con discapacidade e cumprir o seu compromiso de xestión e traballadores e traballadoras públicas para o centro.
Tras amosar diversas fotografías, na comisión de Sanidade, e constatar que “as obras están paralizadas” denunciou as “reiteradas promesas falsas” da conselleira de Política social e do Delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén e lembrou que o ano pasado, o BNG xa denunciou a antiga concesionaria por ter abandonado a obra sen que a Xunta reaccionara ante este incumprimento.
A nacionalista asegurou que en tres meses só existen dúas parecedes de ladrillo e afirmou que onte mesmo na construción só permanecían cinco traballadores. Noa Presas preguntou á titular da Secretaria Técnica de Política Social, María Francisca Gómez Santos polas verdadeiras razóns que manteñen as obras paralizadas e as previsión sobre o modelo de xestión.
A xuízo da deputada, o Centro de discapacidade de Ourense está paralizado porque o Partido popular “non aposta polos servizos públicos, a xestión pública e a igualdade territorial” e acusou ao goberno galego de seren “un mal xestor dos recursos públicos” e non responder ás demandas das persoas afectadas.
Na súa intervención, Presas relatou algúns dos momentos nos que durante os últimos dez anos, “ a Xunta do PP e a Consellaría de Política Social abandonaron a Ourense” pero a presión social, dixo, conseguiu que cederan e anos de mobilizacións sociais, manifestacións históricas na cidade de Ourense e máis de 50.000 sinaturas fixeron que vostedes tivesen que pasar do NON ao SI.
En setembro de 2016, hai sete anos, na campaña electoral, as persoas que eramos candidatas dos nosos partidos, tamén o PP, asinamos un compromiso con tres puntos:
1. Que a primeira fase do proxecto de creación do CAPD en Ourense estea en pleno funcionamento en 2017.
2. A inmedita redacción do proxecto correspondente á segunda fase, cuns prazos de execución 2017-2018.
3.- Centro de atención a persoas con diversidade funcional será público e de xestión pública, atendido por empregados públicos.
Iso foi o que asinaron pero, unha vez máis, recalcou a nacionalista, “incumpriron longamente o que prometeran.
Demostraron vostedes que era un “SI coa boca pequena porque había eleccións”. Tempo despois rectificaron pero continuaron dilatando todo e destinando unha ridícula partida de 500.000 euros cando sabían que eran precisos seis millóns.
“Á inutilidade da Xunta sumouse a do concello de Ourense, primeiro co PP sendo alcalde Jesús Vázquez e despois co binomio PP-Democracia ourensana con Jácome, un señor que directamente falta ao respecto aos pais e nais da plataforma cando van reunirse ao concello”.
O 16 de xaneiro de 2023 o Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego recibía unha resposta por escrito a unha pregunta parlamentaria , sobre “os novos prazos previstos para a nova adxudicación da construción do centro terapéutico ocupacional público e de xestión pública de Ourense” na que, unha vez máis,” a Xunta non clarificaba nin os termos da reprogramación das datas nin o tipo de xestión”.
Noa Presas preguntou cal é a data real prevista para o remate do centro, cando se iniciará a actividade e con que modelo de xestión.
Tras a intervención da secretaria xeral Técnica da Consellería de Política Social, María Francisca Gómez Santos anunciando que o centro estará rematado e activo no mes de xaneiro do ano 2024, a nacionalista volveu a exixir “celeridade” e que se informe ás familias da evolución do centro. Ademais, pediu “valentía ao Partido popular” e que confirme que tipo de xestión, pública o privada, terá o centro de discapacidade de Ourense.
A deputada do BNG reclamou “corrixir a anomalía democrática” que nega a Ourense contar cun centro destas características e lembrou que a falta de este centro recorta servizos públicos e dereitos da sociedade ourensá.