Ourense Provincia

O BNG esixe explicacións ante as novas inversións en granito por parte da Deputación

Novamente atopanse dous contratos menores,deses dos que tanto abusa a Deputación de Ourense, que se adican a fins que dubidosamente terán un retorno socioeconómico cara a veciñanza.

Óscar Gómez

Ourense | 27.05.2021 09:41

O BNG esixe explicacións ante as novas inversións en granito por parte da Deputación | onda cero

Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG na Deptuación de Ourense, ven solicitar información na Deputación de Ourense por dous contratos para a compra de granito tallado, que non estatuas porque non foron encargadas a escultores. Este contratos "adquisición e elaboración dunha estatua de granito dunha figura dunha gaiterira da Real Banda de Gaitas de 1,80 m de alto" por un importe de 6880 euros; e a compra dunha escultura co símbolo da ourensanía e a dun monolito co himno de Ourense, por un importe de 10.690,35 EUR, teñen unha suma entre ambos que superaría o límite económico para licitación por contrato menor, sinala o voceiro nacionalista.

Varela afirma que "non ten ningún sentido a urxencia desta adquisición de máis granito nun periodo no que o fundamental é a recuperción económica", pode que sexa necesario invertir en sectores productivos porén o sector dos aserradeiros de pedra non semella ser dos máis perxudicados pola pandemia. O voceiro do grupo provincial nacionalista tamén cuestiona o porque do elevado valor dunhas “tallas” que non foron solicitadas a artistas recoñecidos, polo menos da información á que puidemos acceder.

O certo é que o valor dun camión cargado de pedra de granito con bloques de 1m por 50 ten un custe de 300€ mentres que a Deputación vai desembolsar perto de 20.000 euros por unha escultura dunha gaiteira da Real Banda de Gaitas de 1,80 m de alto, unha escultura co símbolo de ourensanía e un monolito co himno de Ourense.

Todo isto, sinala Varela, non fai máis que incidir na crítica trasladada polo Consello de Contas que cuestionou fai escasos días esta institución, polas adxudicacións que a mesma fai reiteradamente de xeito cuestionable.

“Dendo Grupo Provincial do BNG ofrecémonos ó Grupo de Goberno para facer propostas en positivo, de como invertir os recursos públicos, reforzando os servizos básicos, os sectores productivos, ou a posta en valor dos recursos naturais dunha provincia que leva anos esmorecendo” afirma Varela. “Agardamos con interés a xustificación deste despropósito, por parte do Grupo de Goberno.”