O BNG denunca que a brigada de parques infantís leva máis dun mes sen vehículo
Unha proba máis do desleixo e o desgoberno no que se atopa o Concello de Ourense. Situación amparada polo PP
Desde o Grupo Municipal do BNG denuncian que a brigada da Concellaría de Medio Ambiente encargada do mantemento e supervisión dos parques infantín espallados ao longo de todo o termo municipal e que actualmente está formada por dúas persoas, leva máis dun mes sin un vehículo que lles permita realizar os desprazamentos ás diferentes zonas do concello e mesmo poder trasladar a maquinaria necesaria para levar a cabo ditas tarefas de mantemento.
Segundo denuncian os nacionalistas, hai algo máis dun mes que a furgoneta empregada por esta brigada sufría unha avaría e entraba no taller para a súa reparación. Desde entón, o actual Goberno Local non aportou un vehículo alternativo polo que dita brigada non pode realizar o seu traballo ao ter dificultades para trasladar a maquinaria necesaria.
Esta situación constrasta, a ollos do BNG, coa axilidade coa que o actual rexedor adquiriu no seu día un vehículo adscrito a Servizo Xerais e que emprega habitualmente tanto él como os seu asesores fóra incluso do horario laboral, cando ademáis ao inicio do mandato, o propio Jácome afirmou que non precisaba coche oficial e que se movería empregando o transporte público.
Ao mesmo tempo, denuncian a situación calamitosa na que se atopan a meirande parte dos parques infantís do concello, ofrecendo unha imaxe de abandono e inseguridade que fai que moitas nais e pais recelen de levar alí as súas crianzas, ao tempo que anuncian que de cara ao vindeiro pleno presentarán unha moción para que o concello elabore e execute un plan que contemple a reforma parcial ou integral de todos estes espazos segundo sexa o caso.
Para o BNG estamos diante unha vez máis, do desleixo e falla de capacidade para gobernar do actual rexedor, quen xa non é que non sexa quén de sacar adíante os grandes proxectos que esta cidade precisa senon que é incapaz de xestionar e solventar as continxencias do día a día.
Situación auspiciada e alentada polo propio PP quen prefire manter esta situación de caos, desgoberno e decrepitude por mero interese partidista, tal e como quedou acreditados nos últimos días.