Ourense |
O Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, deu a coñecer ó través dunha circular informátiva o relevo de Gonzalo Alonso Álvarez, como interventor. Seu posto pasa a ser ocupado pola ata de agora Vice-Interventora, María Belén Rodríguez Tourón. A situación, indica no escrito, 'manterase polo tempo imprescindible, en tanto non se proceda á provisión, provisional ou definitiva, do citado posto'.
Alonso, habilitado nacional, pasa a desempeñar provisionalmente o posto de Xefe do Órgano de Xestión Tributaria, en aplicación do artigo 97 da lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia. Cumpre lembrar que o ata o de agora o interventor denunciou ó Alcalde por acoso laboral.
Na circular tamén se comunica a necesidade de revisión de solicitudes se sinatura xa efectuadas para a tramitación de propostas de gasto, así como calquera outro trámite dirixido de forma particular ó anterior interventor, para que sexan enviados á maior brevidade a recén nomeada interventora.