IES OTERO PEDRAIO

A Anpa de Irmáns Vilar pide demisións por falta de planificación

Pais e nais da ANPA do Colexio Irmáns Vilar de Ourense reclamaron a admisión de 13 alumnos no IES Otero Pedraio

Jesús Álvarez

Ourense |

Concentración da Anpa Irmáns Vilar de Ourense | onda cero

Máis dunha treintena de pais e nais da Anpa do Colexio Irmáns Vilar de Ourense concentráronse diante da Delegación de Educación de Ourense para reclamar a admisión de trece alumnos e alumnas excluidas no IES Otero Pedraio para o vindeiro curso, según educación "pola imposibilidade de ampliación arquitectónica das instalacións". Sen embargo para os afectados o problema real "é de falta de previsión e planificación". Afirmouno un dos voceiros da Anpa, Carlos Regueira que tamén reclamou a"demisión" do xefe territorial de educación Jorge Sampedro.

Dende a ANPA lembran que este é o centro de referencia para o alumnado de Irmáns Vilar, Amadeo Barroso e Inmaculada e están convencidos de que "ate quenes coñecen o instituto saben que hai solucións".

A protesta foi apoiada por representantes políticos do Psoe e BNG de Ourense