EDUCACIÓN OURENSE

A Anpa de IES Irmáns Vilar de Ourense manifestouse pola admisión de alumnado no IES Otero Pedraio

Pais e alumnos da ANPA Irmáns Vilar convocaron unha nova manifestación dende o colexio ate o instituto para solicitar a admisión de 13 alumnos que quedaron sen praza

Jesús Álvarez

Ourense |

Concentración da Anpa Irmáns Vilar de Ourense | onda cero

A Asociación de pais e nais do colexio "Irmáns Vilar" de Ourense protagonizou unha manifestación dende o colexio ate o Instituto Otero Pedraio para reclamar de novo a admisión de 13 alumnos que teñen coma centro de referencia o IES Otero Pedraio e que según a Consellería de Educación quedaron sen praza por falta de espazo.

Un dos voceiros da Anpa, Carlos Regueira insistía en que o que aconteceu “foi unha falla total de previsión” por parte da xefatura territorial de Educación e sinalou que “malia as limitacións que poida ter o centro, debería ser factible acoller a trece alumnos máis aos que ademáis corresponde a adscrición nesta zona, algo que xa se sabía con moita antelación”.

O voceiro da Anpa Irmáns Vilar lembraba que actualmente hai once alumnos de Irmáns Vilar sen praza, un de Amadeo Barroso e outro da Inmaculada que estarían ca incertidume de destino ate setembro se antes a administración non resolve o problema. Regueira confirmou que teñan pensado continuar cun calendario de mobilizacións que entra nunha terceira fase e no que non descartan ir á Consellería de Educación a Santiago.