Exposición

O Alpinche "un coche de tendencia é vangarda unha autentica obra de arte"

O presidente da Deputación encadrou a creación de Estanislao Reverter coas liñas mestras da Ourense ICC Week e reividicou a importancia desta data: “Estamos celebrando que este motor volveu a ruxir”

Óscar Gómez

Ourense | 27.04.2022 09:14

O Alpinche "un coche de tendencia é vangarda unha autentica obra de arte" | onda cero

A figura do ourensán Estanislao Reverter estivo mais presente que nunca na súa cidade. O home que aplicou a creatividade ao mundo de motor recibiu unha máis que merecida homenaxe coa exposición pública da súa creación, o Alpinche, totalmente restaurado co apoio da Deputación de Ourense.

O presidente, Manuel Baltar, afirmou que o Alpinche é “tendencia e vangarda, unha obra de arte e incluso patrimonio da humanidade”. Lembrou que a presentación enmarcase na oitava edición da Ourense ICCWeek- da que é imaxe esa icona do mundo do motor- e compartiu cos presentes que “o día que entrei no coche foi un momento para non esquecer na vida, tanto a nivel persoal coma profesional”

Manuel Baltar explicou que “a Deputación estivo aí dende o principio, como sabe a Fundación Reverter, e isto hoxe é un regalo, neste ano que a Deputación cumpre o seu bicentenario. Repensar volver a ter este coche activo era un soño que pensamos que non poder materializar e aquí está para gozo de moitos e envexa doutros”.

“Crear a través das novas tecnoloxías é mais sinxelo que facelo nos anos nos que Reverter o fixo. Penso tamén en Eduardo Barreiros que converteu o motor de gasolina en diesel. E toda esa creatividade sae de Ourense”, continuou o presidente provincial. “Ourense ten bandeira, himno e un escudo, pero penso que o león debería cambiarse polo Alpinche. Reverter era alta velocidade e agora somos unha provincia de alta velocidade. Foi un pioneiro e iso gústanos a todos, desde as administracións e desde as empresas. Ver o Alpinche aquí é un premio que significa que a visión, en este caso dun home como Reverter, se converteu nun éxito e nunha icona máis para Ourense”.

Manuel Baltar rematou cunha promesa: “Estamos estudando coa Fundación Reverter a maneira de que o actual museo que temos aberto estea na capital”.

O presidente da Fundación Reverter, Luis Reverter, agradeceu na súa intervención á Deputación o traballo na recuperación do Alpinche e fixo un repaso polas distintas vicisitudes polas que pasou o coche con mais dun accidente. Do mesmo xeito, agradeceu en nome da familia aos asistentes aos pilotos que colaboraron con eles e o apoio das persoas que formaron parte do equipo do seu pai. Rematou afirmando que “estamos na Ourense ICC Week, onde se fala de cultura e creatividade e isto e unha creación mais de Estanislao Reverter”.

Mesa redonda

Tras a inauguración tivo lugar a mesa redonda “O Alpinche, un exemplo da creatividade aplicada á competición” no que tomaron parte o presidente da Fundación Estanislao Reverter, Luis Reverter Gil, o xornalista e piloto Ricardo Muñoz, o copiloto do Alpinche José Luis Sala e o electricista e un dos creadores do Alpinche, José Luis Díaz.”. Contaron co xornalista ourensán Pepe González como moderador, quen destacou que “Lalao está no libro de honor con outros ourensáns que colocaron Ourense no máis algo, neste caso no ámbito de automobilismo. É un dos mais grandes deportistas non só de Ourense, senón tamén de Galicia”. E tivo unha especial lembranza para os pilotos e copilotos do Alpinche, aos que nomeou.

A emotividade e as lembranzas pasadas foron o eixo central da mesa. O piloto Ricardo Muñoz compartiu cos presentes a sensación que tivo ao ver o Alpinche restaurado. “A renovación é perfecta, preciosa e moi fiel”. Relatou coma anécdota destacada que “vin nacer e morrer ao Alpinche. O vin nacer no 70 no Alto do Rodicio e o vin morrer no 75 despois dun rasante. É curiosa esta circunstancia. Tamén lembro que cando souben da idea, marabilloume pero pensei que unir ese motor e esa carrocería era unha barbaridade. Era un tío xenial que puxo a Ourense no mapa”.

José Luis Díaz Cortizo, un dos principias membros do equipo de traballo de Estanislao Reverter, agradeceu aos compañeiros daquela época que lle puxeran a responsabilidade “de estar hoxe aquí” e quixo destacar os dous equipos que Estanislao Reverter “Lalao” fixo na súa vida: “O primeiro a súa familia e o segundo o equipo que creou no taller coas persoas que foi elixindo”. Lembrou que o fillo de Reverter, Luis, actual presidente da Fundación que leva o nome do creador do Alpinche o chamaba “o ‘farista’, porque seu pai sempre lle dicía que tiñamos que arreglar os faros”.

Outro dos participantes da mesa foi o copiloto de Reverter, José Luis Sala, quen confesou que“nunca imaxinei que ia volver a ver o Alpinche recuperado. Despois do golpe que levamos no 75 non crees que sexa posible volver a velo como está agora”.

O presidente da Fundación Estanislao Reverter, Luis Reverter, relatou que a idea de recuperar este coche apareceu despois de ver de novo unha entrevista do ano 86 no que seu pai afirmaba que “tiña gardado o Alpinche para un museo. Cando? É una incógnita”. “Así que os fillos -continuou Reverter- “vímonos obrigados a darlle unha solución”. Falou tamén do debate que tiveron para elixir unha das cinco versións existentes do Alpinche- escolleron a cuarta- e o porqué do color laranxa. “Tiña obsesión pola seguridade. Cando creou a Escudería Ourense a súa idea era que os coches tiñan que verse ben e atopou este laranxa que se ve moi ben”.