O Aceites Abril deixa dous puntos en Madrid
O Aceites Abril da Primeira División Nacional perdeu pola mínima na súa primeira partido fóra da tempada.
O Aceites Abril afrontou a súa primeira saída á capital madrileña da tempada, con respecto e ganas de compensar o resultado da pasada xornada da Primeira División Nacional, onde foi derrotado pola mínima ante a coriácea A.D Voleibol Rivas. O partido comezou con bastante igualdade, aínda que os ourensáns pouco a pouco abría oco no marcador cun gran acerto de saque, dificultándo moito o xogo do equipo de Coslada, este fixo que o primeiro e o segundo set finalmente levároo o equipo ourensán.
No terceiro set os locais foron pouco a pouco quen foron capaces de estar máis cómodos no seu xogo e a capacidade de loita déronlles un merecido premio, varios erros ao remate do conxunto volei ourense fixeron que as madrileñas se levaran este set e complicando cada vez máis o xogo dun Aceites Abril que se desinflaba pouco a pouco. Esta situación non cambiou e con ela chegouse ao decisivo quinto set.
O quinto set comezou con varios erros de recepción por parte do equipo visitante anunciaba un final de encontro con vitoria do equipo madrileño, por sorte un bo o traballo defensivo deu a oportunidade ás ourensanas de pechar o encontro, pero a falta de acerto nos puntos decisivos foi a clave para que o equipo finalmente de Coslada saíu vencedor do choque.
Resultado final Nuevoespazio Actual Coslada - Aceites Abril Voleyourense 3-2 ( 18-25 / 20-25 / 25-23 / 26-24 / 17-15)