Ourense |
Testemuñas protexidas relataron no xulgado as xornadas de ata 11 horas que facían no "Club Descanso" en Coles entre pulgas, teitos caídos e moho.
Trátase de 8 mulleres captadas na súa maioría en Brasil, enganadas para exercer a prostitución en España.
A causa é consecuencia dunha redada da Brigada de Estranxeiría da Comisaría de Policía de Ourense realizada en marzo pasado e que está en fase de instrucción.
As mesmas testemuñas declararon tamén que en ocasións, no local de alterne, vendíase cocaína.