Ourense |
O presidente provincial da Deputación de Ourense, Luis Menor, compareceu na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia, para dar conta das principais claves da proposta económica que se presentará para o seu debate e aprobación no pleno do próximo 28 de novembro
A “columna vertebral” destes orzamentos seguirá a ser o Plan CooperOU, que alcanzará os 19 millóns de euros, un millón máis que neste ano. Unha “decidida e firme aposta polo municipalismo”, referendou o presidente provincial, que se reflicte nos 69,7 millóns de euros que a Deputación de Ourense destina ao financiamento directo das entidades locais
Menor reclamou a eliminación ou flexibilización das regras fiscais: “É absolutamente inxusto” ter 24 millóns de euros de remanente e só dispoñer de algo máis de 6 millóns para axudar aos concellos, “precisamente cando o máis o necesitan” logo da traxedia dos lumes forestais e cunha administración con “débeda cero e absolutamente saneada”.