Festas Gastronómicas

LIII edición da Festa do Peixe en Bande

Unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia

Paco Sarria

Ourense |

LIII edición da Festa do Peixe en Bande | onda cero ourense

O Concello de Bande acollerá do 24 ó 26 de maio a LIII edición da Festa do Peixe. Trátase dunha das máis lonxevas de Galicia. A abundacia de peixe nos ríos da zona foi un factor que influíu tamén na elección de Bande como sede do campionato de pesca fluvial, amparado pola Federación Galega.

Celebración do concurso Peixiños

Nos días previos á celebración terá lugar o concurso "Peixiños"; certame dirixido a escolares de ensino infantil e primaria da bisbarra da Baixa Limia. Na festa haberá comida variada e diversos postos onde probar propostas gastronómicas tradicionais que inclúen a degustación de empanadas, pan artesanal dos fornos da localidade e o propio peixe como prato forte.

Non faltará música e festa, explicou na presentación a Alcaldesa Sandra Quintas.