Overbooking no Camiño

A garda civil realoxa a pelegríns que non tiñan aloxamento

No atoparon praza en San Cristovo de Cea

Paco Sarria

Ourense |

A garda civil realoxa a pelegríns que non tiñan aloxamento | onda cero ourense

A oficiña móvil de atención ó Pelegrín da Comandancia da Garda Civil de Ourense foi requerida cando estaba prestando atención no Camiño de Santiago, na zona de San Cristovo de Cea, por un grupo de 18 pelegríns que tiveron que ser derivados do albergue ó pavillón municipal de deportes debido a alta ocupación do albergue.

Os pelegríns, procedentes de Getafe expresaron o seu malestar polas malas condicións do pavillón ó non estar adaptado este para as pernoctacións (non había colchonetas e había dificultades para o aseo personal), polo que a garda civil xestionou o seu aloxamento no albergue de Oseira, trasladándoos no seu vehículo.

Finalmente quedaron instalados en boas condicións para continuar camiño ata a praza do Obradoiro.