A Feira ganador del concurso de pinchos Sabores de Ourense
Bágoa segundo premio e Tierra Madre terceiro
Ourense |
O pincho "Gamba na corte" do Restaurante "A Feira" resultou gañador do Concurso de Pinchos Sabores de Ourense de primaveira.
O segundo premio foi para "Bágoa Gastrobar" por "A lareira do Bágoa", mentres que o terceiro correspondeu a "Ondiñas veñen e van" de "Tierra Madre"
O premio ó mellor pincho para celíacos foi para "La Estación de Loman" por "Loman´s Burguer Smash" e o premio do público para "Baysha" por "Focaccia de cachena".
Os premios foron entregados na tarde de este luns no Centro Comercial Pontevella. Os 8 finalistas cociñaron as súas propostas diante do xurado popular e do público. No xurado profesional estiveron Álvaro Villasante do "Restaurante Paprica" de Lugo (membro do grupo Nove), Diego López "Moli" de "La Molinera" de Lalín e Rut Nieves, profesora da Escola de Hostelería de Vilamarín.
Chegaron tamén a esta final "Restaurante Camdem", "Mesón O Curruncho", e "La Zapatería del Abuelo".