Cultura

Fallo dos premios Rebulir da Cultura Galega

A música tradicional representada nestos galardóns

Paco Sarria

Ourense | 16.09.2024 09:53

Fallo dos premios Rebulir da Cultura Galega | onda cero ourense

O xurado da XIII edición dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2024 resolveu os galardóns deste ano que recaeron, na categoría de Música Galega, no grupo Treixadura, polos seus 30 anos de traxectoria e por poñer en valor a música de raíz. Na categoría de Artes Escñenicas a premiada é Isabel Risco, pola sua dilatada traxectoria no mundo da interpretación con diferentes públicos e rexistros.

Na categoría Homenaxe estos premios recoñecen o labor do colectivo de Gaiteiros e Gaiteiras galegas por conservar, defender e velar pola tradición como símbolo de identidade colectiva.

E por último acordaron unha mención honorífica para a Emigración Galega en Cataluña, polo mantemento e promoción da nosa cultura no exterior.

Presidíu o xurado a presidenta de Rebulir, Sandra González.