Ourense |
O grupo socialista no concello de Ourense esixe ó Alcalde que solicite a inexecución da sentenza que pesa sobre a praza de San Antonio.
O grupo municipal que encabeza Natalia González esixe ó executivo local que defenda o interese público e soluciones un conflicto urbanístico que se remonta a hai máis de 30 anos.
Para González “este goberno debe primar o interese público sobre o interese partidista, pedir disculpas por anos dunha mala defensa xudicial neste asunto dende que ten responsabilidades de goberno e asumir que a solución pasa por asumir que a solución pasa por recoñecer que os socialistas fixeron o correcto mentres gobernaron”.
Lembremos que a Xustiza anulou no seu día as licenzas de aparcamento público e privado e o uso comercial de locais.