Seguridade vial

Dous mil conductores investigados pola Garda Civil en Ourense dende o 2009

Cerco ós usuarios de risco para a seguridade vial

Paco Sarria

Ourense |

Agente de la Guardia Civil de Tráfico | Europa Press

Os equipos de Usuarios de Risco (UDR) da Garda Civil levan investigados dende a sua constitución hai 15 anos dous mil conductores en toda a provincia. Deles, perto de 700 o son por conduccións delictivas asociadas ó consumo de alcol e/ou drogas e outros 600 perderon a vixencia do permiso de conducir.

Tamén destactan dende o Subsector de Tráfico que outros 300 conducen sen ter obtido nunca o carnet de conducir e outros tantos fixérono tendo en suspenso xudicialmente o permiso de conducción.

O resto de conductas detectadas están asociadas a conduccións temerarias que puxeron en perigo ó resto de automobilistas e a outros usuaruos das estradas provinciais. A multireincidencia sistemática de algúns deles conlevou asemade o seu ingreso na cadea