Ourense |
A Policía Local de Ourense detivo a unha persoa tras intervir 37 envoltorios cunha substancia presumiblemente estupefaciente.
Os axentes interviron tamén 975 euros en efectivo e trasladaron ó detido ás dependencias da Policía Nacional.
Os axentes intervintes deron o alto a un motociclista ó que atoparon 13 envoltorios entre as súas pertenzas. Cando se producía o rexistro o individuo fuxíu a pe, cruzando a calzada habendo circulación de vehículos, xerando unha situación de risco.
Perseguido polos axentes, déronlle alcance intervíndolle nese momento o resto dos envoltorios.