Ourense |
A Deputación de Ourense colabora coa rodaxe na provincia da película dirixida pola ourensá Ledicia Sola e producida por Alfonso Zarauza "As Augas".
O presidente Luis Menor recibíu á directora e actriz e máis ó productor, recalcando o "orgullo" que supón amosar o potencial da provincia, o encanto das súas vilas, a beleza da súa paisaxe e a forza da súa cultura e da súa enogastronomía.
Directora e productor din estar entusiasmados co proxecto e encantados de rodala íntegramente en Ourense, cunha temática ourensá e sendo escrita e dirixida por unha ourensá.
A parte administrativa está a piques de rematar, co que a rodaxe da película é inminente.