Ourense |
A Deputación Provincial de Ourense colabora coas empresas en reducir custes e mellorar a eficiencia na xestión de residuos, o que para o presidente da institución, Luis Menor, resulta "clave para reforzar a sua competitividade".
A entidade provincial estima que así consolida o seu compromiso coa sustentabilidade, como puxo de manifesto nunhas xornadas informativas destiñadas a representantes da industria, en colaboración coa Asociación Profesional de Empresas Ambientais de Galicia (APROEMA).
No acto, Menor reivindicou o medio ambiente como unha das liñas estratéxicas do seu mandato con accións que contarán con importantes investimentos no ano próximo no que a previsión é a de acadar os 4 millóns de euros.