Ourense |
A Deputación Provincial de Ourense adica a campaña 8M, mes a mes, deste decembro á mulleres do sector forestal.
O lema nesta ocasión é "Talamos desigualdade, prantamos futuro" e a muller elexida para exemplificar esta acción da área de Igualdade é Victoria Diéguez Fernández, natural de A Veiga, profesional durante moitos anos do sector forestal, ademáis de ser pioneira na recuperación da Faba Loba, variedade de alta calidade na zona de Trevinca.
Nada no pobo de Baños, Victoria ten 63 anos, contando con unha longa traxectoria profesional ás suas costas.