Ourense |
Durante 15 kilómetros a garda civil perseguíu un vehículo no que viaxaban 5 persoas de nacionalidade portuguesa pola A-52 tras saltarse un control de velocidade perto de Ribadavia.
Na fuxida arroxaron a cocaína que transportaban pola ventaniña.
Un dos pasaxeiros enfróntase a unha multa de ata 30 mil euros por desfacerse da droga.