Ourense |
O Alcalde de Ourense anunciou que nos próximos días ordeará o traslado dos praceiros dende a sua ubicación actual na Alameda ó novo edificio reformado da praza. Nun comunicado di lamentar "ter confiando" no Conselleiro de Comercio José González por entender que nos últimos meses "enredaron con negociacións a 3 bandas que so pretendían complicar e dilatar o traslado".
A resposta da Consellería non se fixo agardar e asñi o titular do departamento, José González dixo lamentar este novo xiro por parte do goberno local que cree que queda retratado ó antepoñer os enfrontamentos personais ós intereses colectivos.
Fala González da enésima salida de ton do Alcalde, anunciando a rotura unilateral do protocolo de colaboración con Xunta e praceiros, e o acusa de buscar obstáculos e de inventar enemigos, antes que buscar solución.
Engade que non entende cando o Alcalde fala de engaño ou retraso, cando a realidade é que o goberno de Democracia Ourensana non foi quen de aprobar un plan funcional para a praza en máis de 5 anos.