Clausurado o XX Congreso Estatal de Voluntariado
Durante o transcurso do acto, entregáronse un total de 11 Mencións Honoríficas a entidades de acción voluntaria de Galicia, que destacan pola labor que desenvolven neste campo.
Durante o transcurso do acto, entregáronse un total de 11 Mencións Honoríficas a entidades de acción voluntaria de Galicia, que destacan pola labor que desenvolven neste campo.
A relación de entidades distinguidas é a seguinte:
-ASPRONAGA (Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia).
-AECC (Asociación Española Contra el Cáncer).
-FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).
-Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de A Mezquita.
-COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).
-Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares.
-DOWN Galicia (Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down).
-Asociación de Amigos da Terra Galicia-Xuventude.
-Asociación do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso.
-Asociación Integro para a Diversidade Funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra.
-FAGAL (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer).
Ó acto de clausura do XX Congreso Estatal de Voluntariado tamén asistiron a teniente de Alcalde de Ourense, Sofía Godoy Gómez-Franqueira, a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia (Cecilia Vázquez), a Directora Xeral de Inclusión Social da Generalitat Valenciana (Inmaculada Carda Isach), e a Delegada Territorial da Xunta en Ourense (Maria Sol Díaz Mouteira).
Na súa alocución, a Conselleira de Política Social destacou que Galicia é unha comunidade aberta e hospitalaria na que máis de 7.700 persoas son voluntarias. “O voluntariado contribúe a facer unha sociedade máis sólida e que funcione mellor”, indicou Fabiola García, que á súa vez lembrou que “a través da acción voluntaria, cada un é capaz de atopar a forma máis adecuada de axudar ós demais”. A este respecto, a titular de Política Social da Xunta de Galicia sinalou que existen numerosas formas de colaborar coa sociedade “ben sexa a través do voluntariado ambiental, cultural ou de acompañamento de persoas maiores”. Finalmente, García recalcou que Galicia “é a única comunidade europea que acredita a acción voluntaria a través dun certificado”, o que é unha garantía de compromiso e calidade humana para as persoas que a levan a cabo.
Pola súa banda, a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, pasou o testigo da organización do congreso á Directora Xeral de Inclusión Social da Generalitat Valenciana, Comunidade Autónoma que organizará no 2019 o XXI Congreso Estatal de Voluntariado.
Entre os visitantes desta xornada estivo alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e FP de institutos pertencentes a rede de centros escolares solidarios e á rede de bibliotecas solidarias da Xunta de Galicia. En total participaron 653 alumnos/as dos seguintes centros de ensinanza: IES Leixa (Ferrol), CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol), CIFP Ferrolterra (Ferrol), Colegio Jorge Juan (Fene), Colexio Plurilingüe Abrente (Sanxenxo), IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), EFA A Cancela (As Neves), CPR Plurilingüe La Inmaculada (Marín), Colegio Hogar Santa Margarita (A Coruña), IES As Lagoas (Ourense), Colexio Plurilingüe Divina Pastora (Ourense), IES Ferro Couselo (Ourense), IES Cosme López Rodríguez (A Rúa), IES Monelos (A Coruña), CPI do Toural (Vilaboa), CIFP Portovello (Ourense), IES Pontepedriña (Santiago de Compostela), IES Julio Prieto Nespereira (Ourense) e Chíos Formación (A Coruña).