Municipal

Concellos de Ourense e Pontevedra reivindican o arranxo da N-541

Piden reunión co Ministro Óscar Puente

Paco Sarria

Ourense |

Ourense e os outros 8 municipios afectados únense para reclamar melloras na estrada Nacional 541 | onda cero

Os Alcalde do Pacto de Pedre, que integran os concellos ourensáns de Boborás, Beariz, Punxín, O Irixo, Maside, Carballiño e o pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, acordaron solicitar unha reunión co Ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, e cos grupos políticos do Congreso e o Senado co propósito de incidir na necesidade de mellora da estrada Nacional 541 que comunica ambas capitais de provincia.

Tamén lembran que dende o 12 de xuño agardan por unha entrevista solicitada co delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco, para trasladarlle “dende o máximo respeto institucional” as mesmas reivindicacións.