Municipal

O Concello de Ourense pechará o 2023 cun remanente de 123 millóns de euros

A oposición insiste nas facturas pendentes e o retraso no pago a proveedores

Paco Sarria

Ourense |

O Concello de Ourense pechará o 2023 cun remanente de 123 millóns de euros | Onda Cero Ourense

O Concello de Ourense pechará o exercicio contable do 2023 cun remanente de tesourería que supera os 123 millóns de euros, segundo avanzou o Alcalde, Pérez Jácome, ó través dunha nota de prensa na que explica que “os número din todo o contrario ao que a oposición mantuvo durante os últimos meses”.

Engade que o Concello non soamente está moi lonxe de estar en bancarrota, senón que é o máis saneado de Galicia xa que das 7 grandes cidades esta é a que ten un remanente máis alto por habitante.

Resalta asemade o rexidor que este é un indicador de solvencia financieira.

Pola contra a oposición ven insistindo nos últimos meses na mala xestión económica do Concello e na acumulación de facturas pendentes de pago, así como na morosidade municipal á hora de satisfacer facturas pendentes.