O Concello de Ourense aplica cambios nas liñas de bus
Son múltiples as queixas recibidas polo actual deseño
Ourense |
O Concello de Ourense continúa a desenvolver o proceso de cambios das novas liñas do servizo de autobuses urbanos. Unha vez realizada unha avaliación inicial da nova rede activada o día 16 de setembro, o goberno municipal incorpora axustes para modificar o funcionamento do servizo tra-las múltiples queixas recibidas.
Os cambios entrarán en servizo o luns, día 29 de setembro
- A Liña 1A Sexto Instituto – Berrocás chamarase Liña 1. Non cambia o seu percorrido, pero si o horario.
- A Liña 1B chamarase Liña 2. Sairá desde Covadonga, non desde Cudeiro. Deste xeito, a veciñanza de Covadonga disporá dunha conexión directa coa residencia sanitaria.
- A Liña 7 esténdese desde Covadonga até Cudeiro, coa finalidade de que as persoas residentes nesta localidade dispoñan de frecuencias cada 30 minutos e poidan achegarse ao centro de saúde da Ponte, ademais de a outros destinos como a estación, o barrio pontino ou o centro da cidade. En consecuencia, a nova Liña 7 irá desde Cudeiro até A Valenzá.
- A Liña 8 Eirasvedras – A Milagrosa – Residencia, divídese en 2. A veciñanza de Eirasvedras pasará a ter servizo de conexión coa cidade a través da Liña número 4. Deste xeito, a liña 4 prolongará a súa ruta desde a estación de autobuses ata Eirasvedras, coa finalidade de que as persoas que viven en Eirasvedras, Quintela e O Pino conten con conexión cada media hora coa cidade, en vez de cada 50 minutos. O percorrido da Liña 8 será Parque de San Lázaro - A Milagrosa- Residencia.
Liñas a partir do día 29 de setembro
- Liña 1: Sexto Instituto - Berrocás
- Liña 2: Covadonga – Berrocás
- Liña 4: Eirasvedras – antiga estación de autobuses – Seixalbo. Tamén con novo horario
- Liña 7: Cudeiro-A Valenzá
- Liña 8: Parque de San Lázaro – A Milagrosa- Residencia. Tamén con novo horario