Comeza a campaña de vacinación de menores
As autoridades sanitarias advirten tamén dunha incidencia alta da gripe
Ourense |
Comezou hoxe luns a vacinación infantil para menores de entre 2 e 5 anos co propósito de reducir a morbimortalidade das infeccións causadas polos virus a esas idades.
A poboación será citada no seu centro de saúde mediante mensaxe de texto dirixido ó teléfono que figure no seu historial clínico e de non acudir recibirán chamada de recaptación pola sua enfermeira de referencia.
Por outro lado dende a dirección de Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense, Verin e O Barco, o seu director, Miguel Ángel Abad Vila, anticipou en Onda Cero que a incidencia da gripe este inverso será forte si atendemos á experiencia doutros países onde xa foi inverno, pero que a Sanidade Pública ourensá está preparada para facerlle fronte. A pesares delo insisten en recomendar a vacinación para paliar a inicencia.