Esquerda Unida de Ourense deulle un ultimatum de 48 horas a número dous, Carmen Iglesias para que ceda a acta de deputada que lle correspondería trala marcha de David Calviño de Anova. En declaracións a Onda Cero, Iglesias afirma que "non hai volta atrás na súa decisión ainda que a traten coma unha tránsfuga. A número dous de Esquerda Unida por Ourense, Carmen Iglesias entende que "poderia supor un fraude ao electorado" cederlle o escano que lle corresponde por lei á numero 3 da lista Iolanda Pérez de anova e di que non vai dar marcha atrás na sua decisión ainda que lle doa o dano de imaxe e que a sua organización a poida suspender de militancia. Carmen Iglesias insiste en que non foi informada do pacto electoral verbal de Age e afirma que conta co apoio de moitas persoas. Dende EU o coordenador comarcal José Manuel Gutierrez sostén que os apoios de Iglesias non son os da organización e manteñense á espera do plazo para tramitar a sua expulsición se non revoca as suas intencións