Xunta de Galicia

BNG e PP discrepan sobre os orzamentos da Xunta para Ourense

Os populares din que son axeitados e os nacionalistas que son un remix de incumprimentos

Paco Sarria

Ourense |

BNG e PP discrepan sobre os orzamentos da Xunta para Ourense | onda cero ourense

Os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano próximo son un remix de incumprimentos con Ourense para a parlamentaria nacionalista Noa Presas que acusa ó PP de revalidar a discriminación e de deixar de lado a Sanidade e a política social, sin un so euro para a xestión pública do CAPD, novas residencias para maiores ou reducir as listas de agarda.

Lembran ademáis que hai proxectos que xa deberían estar feitos como o CIS ou o novo edificio administrativo.

En cambio o grupo municipal do PP valora moi positivamente o compromiso real da Xunta coa cidade de Ourense destiñando máis de 238 millóns de euros a investimentos, segundo a edil Sonia Ogando.