Ourense |
O Bloque Nacionalista Galego califica de "escándalo" os atraso nas obras do Centro de Discapacidade (CAPD) e pedirá explicacións no Parlamento de Galicia.
En resposta por escrito ó BNG a Xunta escusa o incumprimento de prazos e da promesa de remata-la obra en xaneiro deste 2024 na choiva, feito que os nacionalistas consideran "un insulto á intelixencia". Por elo a parlamentaria ourensá, Noa Presas pide celeridade na execución do proxecto e garantías de que a xestión do centro será pública e directa para evitar privatizacións como a do Centro de Menores de Montealegre".