Vieitez e Pérez os triunfadores na subida a Escusa
O Campionato Xunta de Galicia de Montaña celebrou a súa terceira proba puntuable durante esta fin de semana de eleccións europeas con motivo da Subida a Escusa Poio, na provincia de Pontevedra.
A cita, que contou con 70 equipos na liña de saída, tivo un excelente tempo durante toda a fin de semana, a pesar das ameazas de trebóns que se agardaban.
Nesas condicións de terreo seco, Alexis Vieitez, aos mandos do Fórmula Dicode, foi o mellor despois das catro mangas oficiais de competición, cun tempo final de 3:34.766.
O segundo posto do podio foi a parar a mans de Jesús López, que se deixou +12.812 segundos co primeiro clasificado. Na terceira posición situouse Martín Villar, co BRC 05, convertíndose nun dos destacados do fin de semana.
Dentro da competición de carrozados, primeira posición para Jorge Pérez Alonso, que aos mandos do Porsche 991 GT3 non so foi o dominador de toda a fin de semana, tamén obtivo a cuarta posición da clasificación xeral (3:50.733)
O segundo clasificado de carrozados foi Rubén Blanco (Mitjet), mentres que o terceiro chanzo desta categoría foi para Manuel Senra (Peugeot 308 TCR).
Entre os carcross, nova victoria para Alfonso «Pisko» Ventín (3:51.304), que superou en 5.9 segundos a Beni Porto e a Abrahán Vázquez en 7.8. O piloto becado pola FGA, Mateo García, tivo unha fin de semana compricado, no que sufriu unha lixeira saída de estrada que non lle impediu rematar a proba. Nesta ocasión García foi undécimo entre os carcross.
Ademáis, entre os participantes de regularidade, primeira praza para Carlos Gutiérrez e David Martínez. A segunda posición foi para Sito Cabral e José Manuel Quintas e a terceira para Cristian Castro e Mario Martínez.