Onda Deportiva Ourense

A xornada no fútbol ourensán na fin de semana

En Onda Deportiva Ourense repasamos o máis destacado da fin de semana futbolística

Onda Cero Ourense

Ourense | 14.02.2022 11:28

Onda Deportiva Ourense - Fútbol

3 RFEF

Salamanca CF UDS 0-1 CD Arenteiro

Triunfo importantísimo do Arenteiro en Salamanca, que chegaba a cita tras sumar un empate o mércores ante o Arousa no encontro aprazado e que superou a un rival directo pola permanencia, confirmando o bo momento de forma dos de Fran Justo, que aínda non saben o que é perder neste 2022. Os do Carballiño saen por primeira vez dos postos de descenso e sitúanse no play off de permanencia a 2 puntos dos postos de salvación. Un tanto de Sylla no minuto 81 desatou a euforia dun Arenteiro que volve sorrir e soña coa permanencia.

A vindeira semana o Arenteiro recibe en Espiñedo ó Pontevedra CF

3 RFEF

Atlético Arnoia 2-1 CD Estradense

Terceira vitoria da tempada para un Arnoia que tivo que sufrir ata o final para sumar tres valiosos puntos ante un combativo Estradense. Os de Iván González adiantábanse na primeira metade gracias a un tanto de Alfredo, tras un bo pase de Rubén Arce. Minutos despois chegaba o segundo, obra de Hugo Sanmartín cunha bonita vaselina tras pase de Arce. Xa na segunda metade o Arnoia dispuxo de boas ocasións para anotar o terceiro. Arce perdoaba, Presas era derribado na área, pero o colexiado non decretaba a pena máxima, e no minuto 75 o Estradense metíase no encontro cun tanto de Juanin. De aí ao final o Arnoia pechouse e defendeu con uñas e dentes os tres puntos que lle permiten sumar 12 na táboa a 8 aínda da salvación.

As vindeiras citas do Atlético Arnoia:

  • Mércores 16 de febrero: Arnoia-Alondras
  • Dómingo 20 de febrero: Rápido de Bouzas - Arnoia

CD Barco 0-0 Viveiro CF

Empate do Barco nun encontro ante o Viveiro no que deixou escapar 2 valiosos puntos para abrir oco cos seus perseguidores. Os de Valdeorras non puideron homenaxear a Manuel Augustinhos, directivo falecido o sábado. O encontro estivo moi reñido e ambos equipos dispuxeron de boas ocasións para abrir a lata, pero a efectividade estivo totalmente desaparecida en Calabagueiros. Un punto que permite o Barco seguir no playoff, pero non lle permite afastarse dos rivais e escalar máis posicións.

As vindeiras citas do Barco:

  • Mércores 16 de febrero: Silva SD - CD Barco
  • Domingo 23 de febrero: Polvorín - CD Barco

Fabril Deportivo 0-1 Ourense CF

Triunfo do Ourense CF nunha saída complicada a Abegondo e nun partido no que os ourensáns adiantábanse moi pronto, cun tanto de Jerín aos 7 minutos de encontro. Un gol clave e que supuxo unha lousa para o filial branquiazul, que xa non foi quen de darlle a volta o encontro. Tralo tanto o partido abriuse e ambos equipos dispuxeron de boas ocasións para anotar, pero as defensas e os cancerbeiros estiveron máis atinados. Xa na segunda metade o encontro seguiu co guión da primeira con ocasións para ambos, pero o marcador xa non se movería e os de Rubén Domínguez rascaron 3 novos puntos.

Vindeiros partidos do Ourense CF:

  • Mércores 16 de febrero: Noia - Ourense CF
  • Domingo 20 de febrero: Ourense CF - Sofán

Preferente Galicia

UD Ourense 2-0 Mondariz CF

Décimo cuarto triunfo consecutivo dun Ourense que sufriu máis da conta ante un Mondariz que chegou ao Couto a defenderse e a tentar acadar algún gol nalgunha xogada a balón parado ou contra. Tras un inicio de reparto de xogo, os vermellos foron facéndose co control, pero o gol non chegaba. Con 0-0 chegábase ao descanso e o Mondariz quedaba cun home menos antes do paso por vestiarios. Con superioridade o Ourense volcouse sobre a meta rival na segunda metade, e chegaron varias ocasións claras. No 79 chegou o primeiro da tarde, cun testarazo de Xinzo, tras unha gran xogada colectiva. Xa no 88 Champi faría o segundo cun gran disparo dende a frontal que permite os de Jorge De Dios sumar tres novos puntos e xa van 51.

A vindeira fin de semana o Ourense viaxa para enfrentarse ó Cultural Areas

CD Velle 2-2 Sporting Guardés

Empate do Velle que segue medrando nun encontro no que amosou a súa mellor cara para igualar unha contenda que se lle puña moi costa arriba ao comezo da segunda metade cando en 9 minutos o Guardés púñase 0-2. David Gil no 79 puña o 1-2 no marcador e un penalti transformado por Martín Caneiro e que deixaba o Guardés cun menos permitía os de Peluso sumar un novo punto e seguir competindo.

A vindeira semana CD Velle ten xornada de descanso.

Porriño Industrial 1-0 Verín CF

Derrota dun Verín que segue amosando moita irregularidade e ao que rivais como Areas e Barbadás escápanselle cada vez máis. Desta vez os verinenses deron vida a un Porriño que notou o seu gol xusto antes do descanso e que foi un mazazo para o Verín. Os de Juanjo Vilachá non foron quen de darlle a volta ao marcador e suman a súa sétima derrota da tempada.

A vindeira semana ó Verín recibe no José Argiz ó Nogueira SD.

Pontellas 0-2 UD Barbadás

Triunfo importante do Barbadás nun encontro que lle permiten asegurar aínda máis a segunda praza e seguir vivos na loita polo liderato, no caso de gañar todos os seus encontros aprazados. Isma Martínez adiantaba os azulóns antes do descanso e Basirou Wade facía o segundo xa na segunda metade para asegurar un importante triunfo en Pontellas. Tres novos puntos para os azulóns que xa suman 36 puntos na táboa.

O Barbadás ten unha dobre cita esta semana:

  • Mércores 16 de febrero: UD Barbadás - Cultural Areas
  • Domingo 20 de febrero: UD Barbadás - Caselas

Caselas 0-0 Polígono

Valioso empate do Polígono que segue coa intención de superar o Mondariz na táboa e con este punto xa está a un dos pontevedreses. Un choque moi igualado A Gándara e no que os de Emilio Padrón estiveron moi ben en defensa, aínda que desperdiciaron algunha ocasión para sumar os tres puntos. O Caselas tamén tivo as súas, pero o marcador non se moveu.

A vindeira semana o Polígono recibe ó Porriño

Fútbol Feminino

CD Valladares 1-2 EFF Rosalía

Victoria moi importante do Rosalía para seguir metida nos postos de cabeza que lle permite estar na loita polo ascenso que ansían a EFF Rosalía. O partido frente ó Valladares foi máis complicado por un plantexamento táctico do Valladares que tentou anular o xogo do Rosalía. No minuto 41 o Rosalía adiantábase con un gol de Noa que lle deu confianza. No minuto 5 da segunda parte Ana Seguín acadaba o 0-2 pero o Valladares deulle emoción ata o final do partido co 1-2 que acadaba Ainara no minuto 79.